Que é BFA?

BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia); o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, SA SME (VIGO ACTIVO), a Fundación Clúster de Automoción e Movilidade de Galicia (CEAGA), e Stellantis. O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en movilidade e automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento; contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional.

En BFA os emprendedores disporán dun espazo de traballo, respaldo financieiro, formación e un ecosistema único integrado por titores, mentores, partners e outros axentes; todos relacionados co sector automoción, da mobilidade e dos negocios.

Programa de aceleración

Un Programa de aceleración deseñado especificamente para os emprendedores da industria de automoción e movilidade. Cunha duración de ata 9 meses, as actividades previstas cetraranse na validación e desenvolvemento do produto ou servizo, definición do modelo de negocio, consecución das primeiras ventas e desenvolvemento das competencias e habilidades do equipo entre outros. Os proxectos participantes poderán instalarse na zona de coworking do programa, no que compartirán formación, tech-meetings e experiencias con outros emprendedores que estén desenvolvendo proxectos no seu mesmo sector e cun grao de evolución similar.


Programa de consolidación

O Programa de consolidación terá unha duración de ata 12 meses, durante os cales se buscará a través de formación e mentorización que as empresas participantes consigan establecerse no mercado e xerar vendas/ingresos recorrentes. Isto conseguirémolo a través dun programa personalizado adaptado ás necesidades de cada unha das empresas participantes, que terán ademais acceso a unha ampla rede de contactos procedentes da industria, apoio financeiro e un espazo de traballo na zona de viveiro das instalacións de BFA.

Timeline

Qué ofrecemos?