Primeira edición

Efitrans Efficient Logistics. S.L. logo

Efitrans Efficient Logistics. S.L.

https://www.efitransa.com

Implantación dunha xestión integral do proceso de carga e descarga en medios de transporte polivalentes, a través da creación dun software de optimización do posicionamento da carga e desenvolvemento de sistemas hardware de automatización e control da mesma dentro do medio de transporte.

Cablerías BB Energy, S.L. logo

Cablerías BB Energy, S.L.

https://www.cablerias.com

Desenvolvemento de arquitectura eléctrica de potencia conformada, optimizada para vehículos eléctricos. Traballan nun avanzado sistema de distribución eléctrica para a súa aplicación nos novos sistemas de tracción dos vehículos eléctricos.

Eccocar Sharing, S.L. logo

Eccocar Sharing, S.L.

https://www.eccocar.com

Plataforma de aluguer de vehículos, por horas, entre particulares co obxectivo de crear un sistema de mobilidade máis eficiente, apoiándose na escalabilidade da economía colaborativa. Apostan por unha plataforma propia, onde os condutores poidan xestionar todo o proceso de aluguer e apertura do vehículo desde o seu teléfono móbil.

Flythings Technologies, S.L. logo

Flythings Technologies, S.L.

https://www.flythings.io

Plataforma-ferramenta software facilitadora da implementación do Internet das Cousas (IoT) para abordar a adquisición, análise e explotación de grandes volumes de datos, así como o control/actuación sobre instalacións e procesos en ámbitos de aplicación heteroxéneos.

Humat Cobotic, S.L.U. logo

Humat Cobotic, S.L.U.

https://www.ledissonait.com

Este proxecto achega aplicacións industriais 4.0, utilizando a robótica colaborativa xunto con outras tecnoloxías como a fabricación aditiva de útiles e garras para poder minorar as liñas de produción.

Global Productivity Solutions, S.L. logo

Global Productivity Solutions, S.L.

https://gps-industrial.com

Integra tecnoloxía actual en máquinas xa existentes para a mellora da produtividade e eficiencia do proceso.

Ingeniería y Control Merasys, S.L. logo

Ingeniería y Control Merasys, S.L.

https://merasys.es

Integra unha tecnoloxía de sensórica avanzada para a detección de defectos cun custo sustentable actualmente e adaptable á contorna, permitindo ao usuario actuar de forma predictiva no proceso.

Situm Technologies, S.L. logo

Situm Technologies, S.L.

https://situm.es/en

Plataforma de localización en interiores que permite a xestión de recursos móbiles (empregados, carretillas, AGV, etc.). Localiza a ubicación do recurso tanto dentro como fóra dunhas instalacións determinadas, permitindo aos xestores coñecer e administrar a súa posición, movemento, etc, obtendo informes útiles sobre o uso das súas instalacións.

VMS Automotive, S.L. logo

VMS Automotive, S.L.

https://vmsautomotive.com

Traballa actualmente no desenvolvemento dun novo concepto de motocicleta 100% eléctrica de tres rodas. Incorpora, ademais, un novo sistema patentado de amortiguación e abalo cuxa finalidade é permitir unha maior estabilidade do vehículo.