EMOTAI- ESTADOS EMOCIONAIS PARA VEHÍCULO AUTONOMO

EMOTAI- ESTADOS EMOCIONAIS PARA VEHÍCULO AUTONOMO

Solución capaz de identificar e comprender o estado emocional do condutor e os pasaxeiros do vehículo adaptando as características para mellorar a seguridade, o confort e a experiencia dos seus usuarios.

INCIDENCE CLOUD

INCIDENCE CLOUD

Plataforma de incidencias de tráfico na nube que executa e procesa as operacións orientadas a ofrecer servizos conectados cos principais actores do sistema de circulación.

INNOVALOG

INNOVALOG

Desenvolvemento de produtos e servizos para sistemas avanzados de Loxística Interna: deseño de almacéns automatizados e servizo de simulación de fluxos baixo Software Libre.

IVM INTERACTIVE VIRTUAL MEETINGS

IVM INTERACTIVE VIRTUAL MEETINGS

Aplicación de reunións en contornas virtuais inmersivas que permite validar produtos e instalacións en fase de deseño sen necesidade de reunións físicas.

KIWANDA LEAN RFID

KIWANDA LEAN RFID

Solución que combina a tecnoloxía RFID coa filosofía Lean e permite dixitalizar e minimizar perdas, así como maximizar o valor engadido para o cliente.

MOBILE BIN PICKING (MBP)

MOBILE BIN PICKING (MBP)

Solución para a extracción de pezas dispostas de maneira caótica nun cestón coa finalidade de paletizalas ou colocalas ordenadamente para a súa entrega ao cliente, carga automática de máquinas, e/ou alimentación de pezas ás liñas de fabricación.

MOOXVICE IIOT

MOOXVICE IIOT

Solucións IIoT avanzadas para contornas industriais, de alto rendemento, eficiencia e seguridade destinadas á optimización de procesos produtivos.

NOCRASHBOX

NOCRASHBOX

Sistema de reposicionamento de alta precisión, para o facho de soldadura TIG. O obxectivo é deseñar, construír e validar un sistema para minimizar o tempo de setup, ante unha colisión dun robot, nun proceso de soldadura, con material de achega ( TIG).

OPENVIEW- ML PARA O SECTOR AUTOMOCIÓN

OPENVIEW- ML PARA O SECTOR AUTOMOCIÓN

Plataforma de machine learning que permita optimizar os KPIs de proceso a partir da análise masiva da información dispoñible na cadea de valor, integrando os históricos de datos de planta con aquela información relevante na cadea de subministración.

UNIVERSAL SOFTWARE FOR ROBOTS BY RIACT ROBOTICS

UNIVERSAL SOFTWARE FOR ROBOTS BY RIACT ROBOTICS

Software de RiACT que permite ao fabricante responder rapidamente ás novas demandas dos clientes e aos cambios do mercado sen deixar de controlar os custos e a calidade.

ASISTENCIA AO OPERARIO CON VISIÓN ARTIFICIAL

ASISTENCIA AO OPERARIO CON VISIÓN ARTIFICIAL

Servizo de dixitalización para Industria 4.0 baseado en solucións innovadoras de Intelixencia Artificial e servizo de Computación Edge.

BIONIX - AUTOMOTIVE DIGITAL SUPPLY CHAIN

BIONIX - AUTOMOTIVE DIGITAL SUPPLY CHAIN

Solución vertical para mellorar e automatizar os procesos loxísticos, utilizando a tecnoloxía RFID, IA e unha plataforma de xestión de stock integrado na nube.

DATA ANALYTICS

DATA ANALYTICS

Aplicación de modelos analíticos para a análise do ciclo de vida das baterías de vehículos eléctricos e as posibilidades para a súa reutilización.

DIGITAL HUNTER 5G IIOT

DIGITAL HUNTER 5G IIOT

Facilitador da implantación das tecnoloxías de dixitalización e servizos asociados de forma que as industrias poidan aproveitar todo o seu potencial dunha forma áxil, sinxela e co máximo aproveitamento usando para iso tecnoloxías innovadoras e con alta capacidade. Facilitador de comunicacións 5G privadas para que a industria poida aproveitar todo o potencial das tecnoloxías de dixitalización e servizos asociados de forma áxil, sinxela e co máximo aproveitamento.

H-PLUG

H-PLUG

Desenvolvemento de software flexible, destinado ao control de sistemas e procesos industriais, utilizando un robot como mestre da solución.

INNETIK

INNETIK

Plataforma de rápido despregamento e simple implantación que permite analizar os consumos enerxéticos en plantas industriais.

NIGAL – INTELIXENCIA ARTIFICIAL A MEDIDA

NIGAL – INTELIXENCIA ARTIFICIAL A MEDIDA

Plataforma dixital que obtén datos dos activos en tempo real a través de conexións IoT, os cales son analizados mediante técnicas avanzadas de Machine Learning para lograr optimizar os procesos, detectar e predicir erros e avaliar riscos.

TICTAP - SIMPLY CONNECT

TICTAP - SIMPLY CONNECT

Plataforma para a dixitalización, identificación e trazabilidade de activos físicos, a través de etiquetas intelixentes.

TRAZABILIDADE DE PROCESOS

TRAZABILIDADE DE PROCESOS

Software de minería de procesos que permite acometer proxectos de análises, optimización e monitoraxe de procesos industriais e de servizos.

WHIMCON PLUS

WHIMCON PLUS

Sistema de xeolocalización de embalaxes en exteriores por vía GPS.