Os proxectos participantes poderán situarse nas instalacións que o Consorcio da Zona Franca de Vigo pon ao dispor do BFA na área portuaria de Bouzas (Vigo), moi preto de CEAGA e do Centro de Vigo de Stellantis. O espazo conta con conexión a internet e salas de reunións.
Igualmente, o Consorcio da Zona Franca de Vigo ofrece ao BFA as aulas de formación do Centro de Negocios de Porto do Molle para o desenvolvemento das sesións de formación previstas no programa.
POSIBILIDADE DE COLABORACIÓN NO SECTOR
A participación no programa axudará ás empresas para desenvolverse e darlle unha maior visibilidade para poder chegar aos OEM e TIER do sector. Business Factory Auto é a porta de entrada á industria do automóbil en Galicia para as empresas impulsadas no seo da aceleradora.
Os equipos que terminen con éxito a próba piloto terán a posibilidade de continuar a relación coa empresa, nos termos e condicións que pacten entre eles.
Ata 625.000 € por proxecto:
- Ata 125.000 € na fase de aceleración, suma dunha subvención a fondo perdido de 25.000 € concedida por GAIN e dous préstamos participativos de ata 50.000 € concedidos por Vigo Activo e Xesgalicia. No caso dos préstamos, poderase valorar una participación directa no capital da compañía.
- Ata 500.000 € na fase de consolidación a través de dous empréstitos participativos concedidos por Xesgalicia e Vigo Activo. Poderase valorar una participación directa no capital da compañía.
Formación: o BFA, en colaboración co IE Business School, deseñou e desenvolveu o Programa Avanzado en Management que ten como misión proporcionar formación en xestión e dirección, da máxima calidade contrastada e recoñecida, aos participantes na fase de aceleración e de consolidación do BFA.
Titorización: o titor é a figura que prestará asesoramento personalizado e adaptado a cada proxecto, acompañando aos membros do proxecto ao longo de toda a fase de aceleración/consolidación. As titorías terán dúas modalidades: técnicas e de xestión
Os participantes contan co apoio e consello do Equipo Xestor (liderado por CEAGA) que, composto por profesionais do sector de automoción e emprendimiento, orientan aos participantes durante tódalas fases da iniciativa, desde a fase de convocatoria, pasando por todo o proceso de selección e o programa de aceleración e consolidación.