Aberto o prazo de inscrición para a cuarta convocatoria do Business Factory Auto

2
Agosto
2019

Desde hoxe e ata o próximo 27 de setembro, está aberto o prazo para presentar un proxecto innovador á cuarta edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), tanto á fase de aceleración, para proxectos incipientes, como á de consolidación para propostas con maior grao de madurez.

Os proxectos interesados en participar nesta nova convocatoria, poderán desenvolver a súa idea, específica do sector de automoción, no marco dunha aceleradora consolidada e apoiada polo Sector de Automoción de Galicia, onde terán acceso a unha importante serie de vantaxes como apoio financeiro (ata 375.000 € por proxecto), un espazo de traballo, asesoramento e formación, rede de contactos e incorporación ao sector de automoción galego, liderado por CEAGA e coa participación de Groupe PSA e o resto de compañías da industria.

Os interesados en presentar un proxecto a esta cuarta edición do BFA, poden facelo ata o próximo 27 de setembro, a través da páxina web: www.bfauto.es, onde tamén aparecen as bases reguladoras cos requisitos que deben cumprir as empresas.


Aberto o prazo de inscrición para a cuarta convocatoria do Business Factory Auto
Voltar ao listado de novas