Comeza o plan de formación para os participantes no BFA

14
Febreiro
2017

O pasado 7 de febreiro, os participantes na Fase de Aceleración da primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA) comezaron a recibir formación cunha primeira sesión teórica sobre cultura sectorial. 

Neste primeiro módulo, os nove proxectos empresariais puideron coñecer os elementos diferenciais do Sector de Automoción de Galicia, ademáis dos retos, características e oportunidades dunha das industrias clave da economía galega.

Tras finalizar este primeiro módulo formativo, o 9 de febreiro, os participantes recibirán máis sesións formativas sobre: Lean startups ou desenvolvemento de negocio en automoción, que serán impartidas por profesionais cun gran coñecemento do Sector e expertos en emprendemento.

O plan de formación previsto para esta primeira fase contempla preto de 30 horas de formación especializada e de interese para os novos proxectos empresariais.


Comeza o plan de formación para os participantes no BFA
Voltar ao listado de novas