Esta semana celebrouse, nas instalacións do centro de negocios de Porto do Molle (Nigrán), unha xornada de networking con todos os proxectos participantes da terceira edición do BFA e os seus titores.
Durante a primeira parte da sesión os proxectos, tanto da fase de aceleración como de consolidación, presentaron ante todos os asistentes os seus avances e innovacións. Ademáis, habilitouse un espazo para aloxar expositores nos que as empresas puideron amosar de forma visual os seus produtos e/ou servizos.
Esta xornada realizouse co obxectivo de reunir a todas as empresas participantes do BFA para fomentar relacións empresariais, ampliar a rede de contactos profesionais, crear sinerxias e oportunidades de negocio, compartir información e boas prácticas e promover a mellora continua na actividade profesional dos proxectos.
A terceira edición do BFA arrancou en outubro de 2018 con 19 proxectos innovadores, 10 na fase de aceleración e 9 na de consolidación. Todas as empresas participantes están relacionadas coa transformación dixital e a Industria 4.0, contribuíndo a cubrir os ocos na cadea de valor do Sector de Automoción de Galicia e xerar talento na comunidade.