Onte, 17 de xaneiro, a Presidencia da iniciativa Business Factory Auto (BFA), constituída pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, CEAGA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Grupo PSA, visitou ás nove empresas participantes para coñecer o equipo e o proxecto que levarán a cabo cada unha.
As novas compañías constituídas cobren as catro tipoloxías que recollían as bases do BFA (startups, one company spin-out, several companies spin-outs e spin-offs) e van axudar a reforzar, aínda máis, o Sector de Automoción de Galicia, xa que son compañías de ámbitos moi diversos como: desenvolvemento de produtos, servizos ou a mellora de procesos.
Durante este acto, o Presidente de CEAGA, José Luciano Martínez Covelo, destacou o gran nivel das compañías participantes e resaltou que actualmente xa empregan a 36 persoas con previsións de aumentar esta cifra no futuro.
Para o Responsable de Innovación de Procesos do Centro de Vigo do Grupo PSA, Juan José Areal, a iniciativa do BFA constitúe "un instrumento de desenvolvemento, innovación e creación de valor compartido". Ademáis, a Delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, destacou este “exemplo de colaboración público-privada”. Pola súa banda, o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, fixo fincapé na vocación de permanencia desta iniciativa, que poñerá en marcha tres edicións.