A terceira edición do BFA ponse en marcha

2
Novembro
2018

A terceira edición da iniciativa Business Factory Auto púxose en marcha, esta semana, con vinte proxectos innovadores de automoción. Dez destas empresas acaban de iniciarse na fase de aceleración do programa, comezando a súa actividade o 29 de outubro, e outras dez comezaron a fase de consolidación o pasado 15 de outubro. 

A fase de consolidación, destinada a proxectos máis maduros, conta coa participación de sete empresas participantes da segunda edición e tres novas que se incorporan á iniciativa. 

O plan de formación da terceira edición do BFA comezará o próximo 21 de novembro cunha primeira sesión formativa de introdución ao Sector de Automoción de Galicia e a Industria 4.0. 

El plan de formación de la tercera edición del BFA comenzará el próximo 21 de noviembre con una primera sesión formativa de introducción al Sector de Automoción de Galicia y la Industria 4.0. 

Estes vinte proxectos finalizarán a súa estancia na aceleradora os próximos meses de xullo (aceleración) e setembro (consolidación). 

Durante a súa estancia, os proxectos disporán dun espazo de traballo, respaldo financeiro, formación, e un ecosistema único integrado por titores, mentores, partners e outros axentes; todos relacionados co sector de automoción e dos negocios. 

A iniciativa Business Factory Auto está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA, co obxectivo de identificar, acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e transformalos en empresas innovadoras viables e escalables que atraían e reteñan talento. 




A terceira edición do BFA ponse en marcha
Voltar ao listado de novas