Aberto o prazo de inscrición para a terceira convocatoria do BFA

5
Xuño
2018

Onte presentouse, no Centro de Negocios Porto do Molle (Nigrán), a terceira convocatoria da iniciativa Business Factory Auto (BFA) cun acto ao que acudiron máis de 250 asistentes, interesados en coñecer os requisitos para participar nesta nova edición. 

Esta xornada sobre “Emprendemento 4.0 no Sector de Automoción de Galicia e lanzamento da terceira convocatoria do Business Factory Auto (BFA)” contou coa presentación de 4 casos de éxito de proxectos participantes na segunda edición, así como unha mesa redonda de profesionais do Sector que presentaron as temáticas de interese para futuros proxectos de automoción.

Ademais, o encontro contou coa intervención de Pau García- Milá, profesor de ESADE, que fundou a súa primeira empresa con 17 anos e foi posteriormente adquirida por Telefónica. García- Milá realizou unha presentación para concienciar da importancia da “Innovación rápida”.

Finalmente, o acto foi clausurado por Juan Antonio Lloves, Presidente de CEAGA; Frédéric Puech, Director do Polo Ibérico de Groupe PSA; Teresa Pedrosa, Delegada da Zona Franca de Vigo; e Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Os interesados en presentar un proxecto a esta terceira edición do BFA, poden facelo ata o próximo 22 de agosto, a través da páxina web: www.bfauto.es, onde tamén aparecen as bases reguladoras cos requisitos que deben cumprir as novas empresas.


Aberto o prazo de inscrición para a terceira convocatoria do BFA
Voltar ao listado de novas