Os proxectos do BFA reciben xornadas informativas sobre financiamento

11
Xaneiro
2018

Os 20 proxectos participantes nesta nova edición do Business Factory Auto (BFA) están a recibir xornadas informativas sobre as distintas modalidades de financiamento ás que poden optar nesta iniciativa. O obxectivo destes encontros é facilitar o acceso ao financiamento por parte dos proxectos, proporcionarlle información e resolver toda clase de dúbidas. 

Na fase de aceleración, os participantes xa acudiron a unha sesión impartida por XesGalicia e Vigo Activo para detallar os seus préstamos participativos. Ademais, esta semana, celebrouse unha xornada explicativa, impartida por Teresa Bernal, sobre a subvención a fondo perdido ofrecida por GAIN.

En canto aos proxectos da fase de consolidación, están a acudir a sesións individuais con representantes de XesGalicia para coñecer con máis detalle as condicións dos préstamos participativos.

Con estas modalidades de financiamento, os proxectos da segunda edición do BFA poderán desenvolver, aínda máis, as súas iniciativas innovadoras.


Os proxectos do BFA reciben xornadas informativas sobre financiamento
Voltar ao listado de novas