Catro proxectos participantes nesta primeira edición da iniciativa Business Factory Auto (BFA), Efitrans Efficient Logistics, Flythings Technologies, Enxeñería e Control Merasys e Situm Technologies, presentáronse ao Booster Day do Grupo PSA, que se celebrará o próximo 20 de setembro no Foro Armand Peugeot de Poissy (Francia).
O Booster Day é un importante evento, organizado polo Grupo PSA a nivel mundial, coa finalidade de acelerar o desenvolvemento de innovacións na fabricación para a Fábrica do Futuro. Neste acto participan numerosos axentes como provedores, startups, labs, etc.
O obxectivo principal do encontro é identificar oito startups que presenten as súas innovacións relacionadas coa Industria 4.0. As compañías seleccionadas poderán coñecer diferentes expertos e entrar no ecosistema de innovación do grupo automobilístico, ademáis de ter a posibilidade de ter a súa propia caseta para exhibir as súas solucións innovadoras.
Próximamente coñeceranse as oito startups seleccionadas que poderán realizar unha presentación e exhibir as súas innovacións o próximo mes de setembro no Foro Armand Peugeot, onde o Grupo PSA celebra os seus eventos internacionais.