Entrevista a Cora Vinagre, Directora de Desenvolvemento de Negocio de FlyThings, que participa na primeira edición do Business Factory Auto (BFA).
En que consiste concretamente o voso proxecto?
O noso proxecto consiste no desenvolvemento dun software para a Industria 4.0, que facilita a recompilación masiva de datos e o seu posterior procesamento para a actuación remota ou a asistencia na toma de decisións dentro dunha contorna industrial. Un dos módulos máis importantes desenvolvidos ata a data en FlyThings é un software de eficiencia enerxética que permite monitorar, xestionar e actuar sobre parámetros enerxéticos en instalacións industriais. O proxecto de FlyThings consta de dúas fases: a primeira, a de consolidación e vendas do produto xa existente (eficiencia enerxética); a segunda, o aproveitamento das vendas no sector de automoción do produto xa existente para a adaptación do software á industria do automóbil (engadindo módulos de loxística intelixente e mantemento predictivo) a través da colaboración directa cos nosos clientes.
Que innovación achega a tecnoloxía incorporada no proxecto FlyThings ao Sector de Automoción de Galicia?
FlyThings facilita o salto á Industria 4.0, a través da interconexión en tempo real de máquinas, pezas, sistemas e procesos industriais. A través desta interconexión multiplataforma e usando estándares globais, FlyThings é capaz de crear redes intelixentes de xestión de fábricas e outras instalacións, axudando así a unha toma de decisións mellor informada e en tempo real.
Que achegou a iniciativa Business Factory Auto (BFA) ao desenvolvemento do proxecto?
Poder traballar xunto aos mentores e o equipo do programa de aceleración de BFA foi de gran axuda para converter o noso proxecto de negocio nunha empresa real. A formación, o asesoramento e o apoio diario foron clave para que a idea de FlyThings converterase finalmente nunha realidade. Ademais, o traballar todos os días á beira dos participantes doutros proxectos nun espazo de coworking axudounos a empaparnos da cultura emprendedora no sector automoción. Así mesmo, gustaríanos destacar que o financiamento recibido a través do programa BFA deunos o impulso que necesitabamos nesta fase de lanzamento na que nos atopamos.
Que expectativas de futuro ten a túa empresa tras participar no BFA?
A curto prazo, cos contactos e o networking que estamos a facer grazas á nosa participación en BFA, esperamos que FlyThings despegue definitivamente e consiga situarse como un referente software no sector de automoción de Galicia e España. No medio prazo tampouco descartamos a adaptación de FlyThings a outras industrias e procesos industriais fora do sector automoción. Tendo en conta que FlyThings é unha ferramenta moi potente, a medio e longo prazo esperamos ser un referente xa non só a nivel nacional, senón a nivel internacional.
Vosa empresa xa xerou emprego en Galicia?
Si, desde o comezo do programa de aceleración en xaneiro deste ano, FlyThings realizou dúas contratacións e pensamos facer novas contratacións a curto prazo para a adaptación do software ao sector de automoción.