O BFA gaña o "I Premio Nacional de Mobilidade Sostible"

6
Maio
2021

O Business Factory Auto (BFA) resultou gañador do "I Premio Nacional de Mobilidade Sostible" na categoría "ONG, Fundación, Asociación". O encargado de recoller o galardón, nunha gala celebrada onte en Madrid, foi o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, que ostenta a presidencia da iniciativa BFA. 

Os Premios Nacionais de Mobilidade contan co apoio do Ministerio de Transportes, Mobilidades e Axenda Urbana e recoñecen as boas prácticas e iniciativas en mobilidades, tanto do sector público como privado. Os seus obxectivos son visibilizar casos de éxito, poñer en valor ás organizacións que están liderando o cambio e facilitar unha dinamización das mellores solucións que axuden a xerar resultados con impactos positivos a curto, medio e longo prazo.

Dentro da plataforma que otorga estes galardóns, "Empresas pola mobilidades sostible", están grandes compañías como El Corte Inglés, Coca-Cola, Repsol, Allianz ou o grupo Atresmedia. En canto ao xurado que fallou por unanimidades a favor do BFA, de entre as máis de 140 candidaturas presentadas, destacan a secretaria de Estado de Enerxía, o Secretario xeral da Real Academia de Inxeniería, a xerente de Responsabilidade Corporativa de Atresmedia ou a presidenta de Ineco, entre outros. 

O presidente do BFA, Francisco Conde, fixo extensivo o premio a todas as entidades promotoras da iniciativa, CEAGA, Stellantis e Zona Franca, así como a todo o ecosistema que fai posible o bo funcionamento da aceleradora: a todo o equipo, os membros da comisión executiva, os tutores, as empresas que trasladan as súas necesidades e as que permiten aos proxectos facer pilotos nas súas instalacións. Todo este engranaxe contribúe a mellorar a competitividade da industria galega de automoción. 

Con este novo recoñecemento, o Business Factory Auto sigue consolidándose como peza clave do Sector de Automoción de Galicia e proba disto son os anteriores galardóns que xa recibiu, tanto en España como en Europa, nos últimos anos:

  • Decembro 2020: premio na categoría de mellor aceleradora nos South Europe Startup Awards.
  • Juño 2019: recoñecemento pola iniciativa Startup Europe Awards da Fundación Finnova e a DG Connect da Comisión Europea como o primeiro “Mobility Startup Europe House”.
  • Marzo 2019: premio internacional á mellor práctica pola Asociación Europea de Axencias de Desenvolvemento Rexional (EURADA). 
  • Decembro 2018: recoñecemento a nivel nacional pola Federación Nacional de Agrupacións Empresariais Innovadoras e Clusters (Fenaeic).
  • Outubro 2018: premio á "mellor práctica desenvolta nun parque tecnolóxico" da Asociación de Parques Empresariais e Tecnolóxicos de España (APTE). 

Polo tanto, o BFA suma un recoñecemento máis ao traballo conxunto e o bo saber facer da industria de automoción, da Xunta de Galicia e do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Sin olvidar, os grandes resultados obtidos xa nas catro primeiras edicións da aceleradora: creación de 53 novas empresas, que xeraron 450 postos de traballo cualificados en Galicia e 82 millóns de euros de facturación agrupada.


O BFA gaña o "I Premio Nacional de Mobilidade Sostible"
Voltar ao listado de novas