Dende hoxe, e ata o próximo 2 de outubro, está aberto o prazo para
presentar un proxecto innovador á quinta edición da iniciativa Business Factory
Auto (BFA), tanto á fase de aceleración como á de consolidación para proxectos
con maior grao de madurez.
Os proxectos interesados en participar nesta nova convocatoria poderán
desenvolver a súa idea, específica do sector de automoción, no marco dunha
aceleradora consolidada e respaldada polo Sector de Automoción de Galicia, onde
terán acceso a unha importante serie de ventaxas como apoio financeiro (ata
375.000 € por proxecto), un espazo de traballo, asesoramento e formación, rede
de contactos e incorporación ao sector de automoción galego, liderado por CEAGA
e coa participación de Groupe PSA e o resto de compañías da industria.
Para esta nova edición, definíronse como temáticas de especial interese
diferentes tecnoloxías relacionadas coa transformación dixital, como solución de
sensorización; de robotización Pick and Place low cost; de automatización na detección
de defectos; implantación de sistemas automatizadas para o movementos de materiais;
integración dos sistemas de información; solución de realidade aumentada, virtual
ou mixta; sistemas de identificación, localización y monitorización de embalaxes
para interiores e exteriores; desenvolvemento de estructuras de apoio
(exoesqueletos ou similares); aplicación das TIC para a mellora da eficiencia
enerxética; propostas para a tecnoloxía de baterías de estado sólido orientadas
ao vehículo eléctrico ou solucións de intelixencia artificial para o vehículo
autónomo. É decir, os proxectos presentados que cubran estas temáticas terán
prioridade para entrar na aceleradora.
O BFA naceu en 2016 promovido pola Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona
Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA. O seu obxectivo é impulsar a aceleración e
consolidación de proxectos especializados en automoción para transformalos en
empresas innovadoras que contribúan a cubrir os ocos na cadena de valor e
fortalecer o Sector de Automoción de Galicia.
Tras tres edicións xa finalizadas e a cuarta en marcha, creáronse 45 novas
empresas e máis de 252 empregos, cunha facturación de 33 millóns de euros a
peche de 2019. Para este 2020 as previsións estiman 357 empregos e unha
facturación de 70 millóns de euros. Además, cubríronse ocos na cadena de valor
do sector, principalmente relacionados coa Industria 4.0, e atraiuse talento e
innovación á nosa Comunidade.
Os proxectos interesados en participar na quinta edición do BFA poden
inscribirse na web da iniciativa, ata o 2 de outubro: http://www.bfauto.es/es/