A empresa SGS, participante na fase de consolidación da cuarta edición do BFA, traballa nunha plataforma para o vehículo eléctrico que integra un bastidor distribuido, que permite mellorar os estándares actuais de seguridade, refrixeración, lixeireza e confort. Trátase do sistema SGS (Safety General Structure).