Suspensión temporal da actividade da cuarta edición do BFA

18
Marzo
2020

Debido á situación actual de Estado de Alarma e a parada xeneralizada do sector de automoción, suspéndese temporalmente a actividade da cuarta edición do BFA e, en consecuencia, amplíanse todos os prazos da aceleradora co obxectivo de favorecer o desenvolvemento dos proxectos participantes e dotarlles do tempo necesario para realizar todas as actividades previstas. Por iso e en consonancia coa suspensión de prazos aprobada recentemente no DOG, pospóñense todas as datas previstas ata novo aviso, incluída a de finalización da edición.

En canto se retome a actividade con normalidade informarase dos novos prazos establecidos.

Suspensión temporal da actividade da cuarta edición do BFA
Volver ao listado de novas
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar análisis de uso e de medición da nosa web para mellorar os nosos servizos. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.